sábado, 30 de abril de 2011


Queda só unha semana para a celebración da Vixilia pascual diocesana para xente nova. O próximo sábado no Seminario menor de Santa Catalina de Mondoñedo celebrarase unha xornada de convivencia para rapaces, e non tan rapaces, a partires de 16 anos (ou que os cumplan durante este ano) que rematará coa celebración dunha Vixilia Pascual. Detrás deste encontro diocesano de xente nova está a Asociación xuvenil Pascua Xove co apoio que sempre nos brinda a delegación de infancia e xuventude da nosa diócese en todas as nosas actividades. Toda a información e o programa está a un só click aquí. Esperámosvos en Mondoñedo o día 7 de Maio ás 12 da mañá. Vémonos!

1 comentario: