miércoles, 27 de febrero de 2013

Música para un miércoles: Nadie te ama como yo...

A veces entre tanta información, tantas llamadas, tanto ruido... necesitamos que alguien nos recuerde lo más importante... Y es que nadie nos ama como Él.

Martín Valverde, Nadie te ama como yo (1990)
La canción comienza en el minuto 02:25

domingo, 24 de febrero de 2013

2º domingo de coresma

Entón, unha voz dixo: Este é o meu fillo, o elixido, escoitádeo! ... (Lc 9, 35)

Fotograma de La Pasión (Mel Gibson, 2004)

miércoles, 20 de febrero de 2013

Música para un miércoles: Todavía no he encontrado lo que estoy buscando


U2 & Bruce Springsteen, I still haven´t found what I´m looking for 
(The Joshua tree, 1987)

He escalado las más altas
montañas,
he corrido a través de los
campos
sólo para estar contigo.
He corrido, me he arrastrado,
he trepado estas murallas de
la ciudad
sólo para estar contigo.
Pero todavía no he encontrado
lo que estoy buscando.
He besado labios de miel,
he sentido la curación en sus
dedos
Ardía como el fuego
este deseo ardiente.
He hablado con la lengua de
los ángeles,
he agarrado la mano de un
demonio,
La noche era cálida,
y yo estaba frío como una
piedra.
Pero todavía no he encontrado
lo que estoy buscando.
Yo creo que el Reino vendrá,
entonces todos los colores se
fundirán en uno.
Pero yo todavía estoy
corriendo.
Tú rompiste los lazos
y soltaste las cadenas.
Llevaste la cruz de mi
vergüenza,
tú sabes que es lo que creo.
Pero todavía no he encontrado
lo que estoy buscando.

martes, 19 de febrero de 2013

Actividades na diócese. Charla sobre o Concilio Vaticano II.


O Colectivo campamento diocesano da nosa diócese, dentro do seu proxecto de formación permanente e no marco do 50 aniversario do Concilio Vaticano II, organizará unha charla formativa sobre este feito tan importante na historia da nosa Igrexa. 
O Campamento diocesano convócanos a todos os interesados o sábado 23 de Febreiro ás 12 da mañá no CPR Martínez Otero de Foz (r/Paco Mañón 12), invitándonos tamén a todos os que o desexemos a quedar a comer con eles por uns dez euros e tras confirmar no seu mail a nosa asistencia á comida. Para máis información: campadiocesano[arroba]hotmail[punto]com

lunes, 18 de febrero de 2013

Pascua Xove 2013. Seguindo os sinais...

Dende hoxe e ata o próximo 23 de Marzo o prazo de inscripción para a próxima Pascua Xove permanecerá aberto. No seguinte enlace ou facendo doble click sobre o noso cartel na marxe esquerda, atoparás toda a información que necesitas para formalizar a túa inscripción. ¿A que estás agardando?
¡Recorda!: Se eres maior de dezaseis anos, de alma nova e espirito aventureiro e tes vacacións do 27 ó 31 de marzo, non esquezas...
1. Ler o tríptico (aquí)
2. Enviar a inscripción ó noso correo electrónico (pascuaxove[arroba]gmail[punto]com)
3. Animar a alguén a participar na Pascua Xove
4. Seguires atento ó noso blog
5. Preparar unha mochila lixeira
6. E botarte a camiñar con nós!

Vémonos no camiño. 

Segue os sinais que atoparás no camiño...

domingo, 17 de febrero de 2013

domingo, 10 de febrero de 2013

miércoles, 6 de febrero de 2013

Música para un miércoles: Grita

Gritaaaaaaaa! Si te sientes solo, grita! siempre hay un amigo cerca de ti...

Melón Diesel, Grita (Hombre en el espejo, 2001)


domingo, 3 de febrero de 2013

4º domingo do tempo ordinario

Faránche guerra, pero non poderán contigo, pois contigo estou eu para te salvar... (Xeremías 1, 19)


viernes, 1 de febrero de 2013

Tempo de borrar...

Compartimos esta tarde con todos vós o artigo que ontes publicou Xosé Carlos Caneiro na súa columna De Bar en Bar na Voz de Galicia.

Borrarás... O tempo perdido, as despedidas sen regreso, os ollos da tristeza tan negros chapapote, a melancolía sen data de revocación, os que cambiaron un amigo por unha doutrina, os gritos, as malas caras, as caras dobres, os caraduras. Borrarás. As lúas que eran de lata, os ripios, as mentiras sen novela, as novelas ás que non volverás. Borrarás. A Brancaneves que se converteu en bruxa, o príncipe que levaba disfraz, as veces que non dixeron que te querían, as veces falsas, as palabras repetidas, as noites das que non sabes despertar, as metas truncadas: por derribo, por fatiga, por azar. Borrarás. Pero non borres as ganas. Que non arrebaten as ilusións. Ese desexo que pica no teu adentro para desesperadamente entregar, entregarte, xeneroso e sen reparos. As ventás abertas para proclamar ao mundo que estás, aínda. Que non van poder contigo, que non te derrotas perante este andazo de miseria e cinismo. Que hai mil soños mil por soñar. Que non tragas. Que pasas dos dogmas. Que es libre. Que es quen de saltar todas as barricadas. Os cómplices e reos de ilusión. Esta néboa que acariña. Eses recordos que revolven como púas a túa pel, ventre, ata chegar a ese lugar que chaman alma. Os boleros que cantarás con Mariló, que sempre cambia as letras: esta noche «penumbra» la farola del mar. Borrarás os que non estaban á túa altura, os que cambiaron o teu amor por escusas, os que botaron escombros sobre a túa tenrura de anís. Borrarás o odio e aos que odian. Os dedos acusadores. Os que non dubidan. As verdades absolutas. A falta de amor. A falta de luz. A falta de abrazos. Borrarás, borrarás, borrarás.


Xosé Carlos Caneiro. A Voz de Galicia. 31.01.2012



Borrarás ós que cambiaron o teu amor por escusas,
ós que botaron escombros sobre a túa tenrura de anís...