martes, 12 de marzo de 2013

Actividades na diócese. Pascua para xoves en clave de oración.

No marco das actividades que a diócese prepara para a vindiera Semana Santa, atopámonos coa Pascua para xoves en clave de oración que se celebrará nas parroquias da UPA "O ensanche" de Ferrol, organizada pola delegación de Pastoral de Xuventude. Dirixida a mozos a partires dos 15 anos, pretende ofrecer, ó igual que a nosa Pascua Xove, un espacio para que a xente nova celebre a Paixón. Polas mañás abriránse ocos para o debate e a reflexión en torno ó sentido propio de cada día desa Semana tan importante para os cristiáns; e pola tarde, compartirán as celebracións dalgunhas das parroquias do ensanche ferrolano. Para máis información: 670548021 (Alejandro) e no blog da delegación.

Pascua para xoves en clave de oración. Ferrol, 28-31 de Marzo de 2013

No hay comentarios:

Publicar un comentario