miércoles, 23 de enero de 2013

Música para un miércoles: Seguir andando...

Unha vez superada a resaca das festas de Nadal, mediada xa a subida da costa de xaneiro e abandoada a idea de que podemos levar a cabo todos os proxectos de aninovo... volta a actividade a este blog da Pascua Xove de Mondoñedo-Ferrol. Retornamos coas pilas cargadas, coa cabeza chea de ideas, e moitas ganas de seguir andando, de voltar a celebrar a Pascua no camiño con todos os que queirades acompañarnos este ano. Nos próximos días e antes da chegada da data de inicio da inscripción (13 de marzo, mércores de cinza) iremos compartindo con vós todas as novidades e todo o que precisades saber para animarvos a desfrutar da Semana Santa con nós. Estade ben atentos!
Hoxe aproveitamos, ademáis, para recuperar esa tradición da música dos mércores no blog. A canción desta ocasión é repetida, pero apetecíanos que estivese na reinauguración deste ano, porque foi desas sintonías que na última Pascua axudounos moito a camiñar... "Tienes la energía, tienes ganas de empezar, tienes la salida, tienes la oportunidad. Está todo en tus manos, no lo dejes escapar, quita ya las penas y vamos a caminar. Seguir andando tarareando esta canción..."

Bongo Botrako, Caminante (Todos los días sale el sol, 2010)

No hay comentarios:

Publicar un comentario