viernes, 9 de marzo de 2012

Pascua Xove 2012. No camiño...

Aquí está, a un solo click de distancia, toda a información sobre a Pascua Xove 2012. A Pascua Xove da diócese de Mondoñedo-Ferrol naceu aló polo ano 92, nun intento de acercar a xente nova da nosa diócese un xeito xove de entender a Pascua. Hoxe seguiemos a traballar nesa idea, na de demostrarlles a todos aqueles que decidan compartir eses días de vacións con nós, que a Semana Santa ainda ten moito que decir ós xoves de hoxe. Este ano, a Pascua bótase ó camiño, ó camiño norte cara Santiago. Dende Baamonde ata Compostela, entre o 4 e o 8 de abril disfrutaremos de todas esas cousas que sempre fixeron especial a nosa pascua. No camiño atoparemos xente como nós, inqueda, con esperanzas de cambiar o mundo, sen intención de rendirse, con ganas de olvidar as presas da súa vida, de reflexionar, de sentir, de desfrutar da vida e da compañía, de esforzarse, de superarse... Comezaremos a nosa Pascua o día 4 de abril ás 12 da mañá en Baamonde, camiñaremos ese tarde ata Guitiriz para continuar o xoves á mañá cara Sobrado dos Monxes. A etapa do venres deixarannos en Arzúa, ó día seguinte achegarémonos a celebrar a Vixilia Pascual ó monte do Gozo. A mañá do domingo de resurreción rematará o noso camiño en Compostela, para regresar tras o xantar cada un as presas da nosa vida. Durante estes días encontraremos momentos para celebrar, para pensar, para cantar, para rir, para compartir, para camiñar, para cansarnos e para descansar, para escoitar, para descubrir, para coñecer xente nova, para cantar, para xogar, para sentir... Agardámoste, pois,  no camiño. Cara ese Santiago, fin de tantos camiños e principio de tantas novas vidas...
Para máis información non dubides en poñerte en contacto con nós a través do noso enderezo de correo electrónico: pascuaxove[arroba]gmail[punto]com e non esquezas ler o tríptico que podes atopar aquí ou facendo click no cartel da esquerda. O prazo de inscripción remata o día 28 de marzo. Vémonos no camiño!


No hay comentarios:

Publicar un comentario