jueves, 17 de marzo de 2011

A nova Pascua Xove


A Pascua Xove  de Mondoñedo-Ferrol  naceu aló polo ano 92 coa idea de traer á nosa diócesis un xeito “novo” de entender a Pascua. Hoxe, case 20 anos despois, a Pascua continua tan viva como entón, con algunhas novidades pero a esencia de sempre, que a Semana Santa ainda ten algo que dicirlles os xoves de hoxe.
A  Pascua Xove continuará sendo un espacio de debate e reflexión, un lugar para a oración,  unha excusa para esquecer as prisas da nosa vida e descubrir o realmente importante, un trampolín para coñecer xente inqueda, inconformista, preocupada polo que sucede no mundo… Un espacio para atopar a Xesús e a nós mesmos. Unha aventura…
A nosa nova cara, será máis dinámica, máis viaxeira. Imos levar o noso xeito xove de entender a Paixón a distintos lugares da diocése, a aqueles donde máis falla fagan as nosas mans e as nosas voces durante eses días. 

1 comentario:

  1. E porque ademais do dito anteriormente de que pode ser unha excusa para esquecer as prisas da nosa vida e descubrir o realmente importante...A Pascua Xove tamén pode facer que chegues a casa despois de eses días e q o primeiro q se che ocurra dicirlle a teus pais sexa: Son unha persoa nova!=D
    Porque a ti tamén che pode pasar...=P

    ResponderEliminar